
A campaña especial do Día da Nai organizada pola asociación xa ten gañadora. Tras varios días de participación, nos que a veciñanza respondeu de maneira moi positiva, realizouse o sorteo dunha cea valorada en 150€.
🏆 Persoa premiada
A gañadora foi Mada Domínguez, co número 10232, participación repartida no establecemento Mi Barquito de Papel.
🛍️ Unha campaña de apoio ao comercio local
Durante a campaña, celebrada entre o 28 de abril e o 2 de maio, cada compra de 10€ nos comercios adheridos permitía obter unha participación no sorteo a través da app PobrActiva. Esta iniciativa tivo como obxectivo incentivar o consumo no comercio de proximidade nunha data tan sinalada.
💖 Grazas por participar
Dende a asociación queremos agradecer a implicación de todos os comercios participantes e de todas as persoas que formaron parte desta campaña. O voso apoio é fundamental para seguir fortalecendo o tecido comercial local.
Seguiremos traballando para impulsar novas accións que dinamicen o comercio e fagan da nosa vila un lugar máis vivo e activo.
Parabéns á gañadora e moitas grazas a todas as persoas participantes 💐
0 comentarios