
Con motivo da celebración do Día da Nai, a Asociación de Empresarios de A Pobra do Caramiñal pon en marcha unha nova campaña promocional co obxectivo de dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade da clientela.
Esta iniciativa busca incentivar as compras nos establecementos adheridos e promover o uso da aplicación móbil PobrActiva, ferramenta clave para participar no sorteo.
🛍️ Como participar?
Participar é moi sinxelo:
- 📲 Ter instalada a aplicación PobrActiva
- 🛒 Realizar compras nos establecementos participantes entre o 28 de abril e o 2 de maio de 2026
- 📸 Escanear o código QR do establecemento
- 💶 Introducir correctamente o importe da compra na app
👉 Por cada 10 € de compra, obterase 1 participación no sorteo.
🎁 Premio da campaña
Nesta edición, sortearase un único premio moi especial:
🍽️ Unha cea valorada en 150 € nun dos establecementos de hostalería adheridos a Asociación.
O premio entregarase en formato vale ou bono e estará suxeito ás condicións establecidas nas bases da campaña.
🎲 Sorteo e comunicación da persoa gañadora
O sorteo realizarase o 2 de maio de 2026, de forma automática a través da aplicación PobrActiva, entre todas as participacións rexistradas durante o período da campaña.
A persoa gañadora será comunicada a través da propia app e poderá difundirse tamén nas canles oficiais da Asociación (web e redes sociais).
💛 Dende a Asociación de Empresarios animamos a toda a veciñanza a participar e apoiar o noso tecido comercial, facendo que este Día da Nai sexa tamén unha oportunidade para premiar o consumo local.
🍀 Merca no teu comercio local, participa e boa sorte!
0 comentarios