
Gaña 300€ cada Venres!
A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Puebla do Caramiñal pon en marcha a súa Campaña de Nadal co obxectivo de dinamizar o comercio local. A campaña estará vixente ata o 5 de xaneiro de 2026, ambos incluídos.
Participación:
• Poderán participar todas as persoas maiores de idade* que realicen unha compra en calquera dos comercios asociados.
Para entrar no sorteo só tes que:
Realizar compras nos comercios adheridos de A Pobra do Caramiñal.
Por cada 10 € de compra recibirás un boleto numerado, que funcionará como unha participación no sorteo.
Os boletos deben ir sellados polo propio comercio.
Seguirnos en Instagram, para manterte informado/a de todas as novidades e anuncios oficiais da campaña.
* Poderán participar os menores de idade sempre que conten coa autorización da súa nai, pai ou titor legal. No caso de resultar premiado/a, será necesario que un adulto responsable o/a acompañe na entrega do premio. A participación de menores de 14 anos implica necesariamente a autorización expresa dos seus titores legais para o tratamento dos datos persoais.
Como gañar os 300 €?
O sorteo celebrarase a través da app Pobractiva, onde cada venres se publicará o número gañador, correspondente a un dos boletos repartidos na campaña.
Se o teu número resulta premiado, debes:
Acceder á app Pobractiva e confirmar que tes o boleto co número gañador.
Subir unha foto do boleto coa súa numeración visible e o selo do comercio correspondente, para a súa verificación.
💡 O primeiro boleto validado a través da app será o gañador dos 300 €.
Datas dos sorteos:
Os sorteos celebraranse os venres. O horario e momento da publicación do número gañador comunicarase previamente a través do noso Instagram e mediante notificacións na app Pobractiva.
Este Nadal, compra na túa vila e participa! Cantos máis boletos teñas, máis posibilidades terás de levar o premio. Moita sorte e felices festas! 🎄💫

Deja una respuesta