
O comercio local galego prepárase para unha nova edición do programa Bono Activa Comercio, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para incentivar as compras no pequeno comercio e apoiar aos establecementos de proximidade.
Desde o próximo 27 de maio, a cidadanía poderá descargar o seu bono e beneficiarse de ata 30 euros de desconto nas compras realizadas nos comercios adheridos á campaña.
Como funciona o Bono Activa Comercio?
O funcionamento é moi sinxelo. O desconto aplicarase directamente nas compras segundo o importe:
- Compras entre 20€ e 29,99€ → desconto de 5€
- Compras entre 30€ e 49,99€ → desconto de 10€
- Compras iguais ou superiores a 50€ → desconto de 15€
Cada persoa poderá descargar un único bono ata esgotar o orzamento destinado á campaña.
📲 O bono poderá descargarse a través da web oficial:
Este ano, mercar tamén pode levar premio 🎁
Como novidade nesta edición, todas as persoas que realicen compras utilizando o #BonoActivaComercio poderán participar nun sorteo promovido pola Xunta de Galicia nas súas redes sociais.
Entre os participantes repartiranse 1.000 euros en premios, distribuídos en catro bonos de 250 euros cada un para consumir nos comercios adheridos á campaña.
Para participar será importante prestar atención ás redes sociais da Xunta, onde se explicarán os pasos necesarios para entrar no sorteo.
Unha oportunidade para apoiar o comercio local 💚
O Bono Activa Comercio converteuse xa nunha das campañas máis importantes para dinamizar as vendas do pequeno comercio galego, incentivando o consumo de proximidade e premiando ás persoas que apostan polos negocios locais.
Desde a asociación animamos á veciñanza a aproveitar esta oportunidade, apoiar ao comercio de proximidade e beneficiarse tanto dos descontos como dos premios desta nova edición.
0 comentarios