A Praza do Emigrante de A Pobra do Caramiñal acolleu esta mañá a entrega dos premios correspondentes á campaña “Merca no teu comercio”, unha iniciativa de dinamización comercial desenvolvida entre o 1 e o 15 de maio nos municipios de A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Portosín, que rexistrou un total de 3.360 tickets de compra.

Durante o acto fíxose entrega dos premios sorteados entre as persoas consumidoras que realizaron compras nos establecementos adheridos á campaña. En total repartíronse 1.000 euros en premios, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha, que os gañadores deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

A campaña “Merca no teu comercio ten premio” ten como obxectivo incentivar as compras no pequeno comercio e poñer en valor o papel fundamental que desempeñan os establecementos locais na dinamización económica e social dos municipios rurais.

Esta iniciativa está organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, contando nesta edición coa colaboración da Asociación de Comerciantes de A Pobra do Caramiñal e da Asociación de Empresarios de Portosín.

No acto participaron representantes das distintas entidades organizadoras e colaboradoras, entre eles José Antonio Seijas Castro, presidente da Federación de Comercio de A Coruña; José Antonio Vidal, presidente da Asociación de Empresarios de A Pobra; Luis Fernández, secretario xeral da Federación Galega de Comercio; e María Elisa Alfonso, directora da oficina de ABANCA en A Pobra.

Desde a asociación queremos agradecer a participación tanto dos establecementos adheridos como da veciñanza, que unha vez máis respondeu apoiando o comercio local e demostrando que mercar no pequeno comercio é apostar polo futuro dos nosos municipios.

Categorías: BlogEventos

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *