A Asociación de Empresarios de A Pobra do Caramiñal presenta a campaña promocional “Maio con Premio”, unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local en A Pobra do Caramiñal e incentivar a participación da veciñanza a través das redes sociais.

Esta acción desenvolverase proximamente na conta oficial de Instagram da Asociación e incluirá un sorteo cun premio de 100 € en vales de compra para utilizar nos establecementos adheridos. Nos vindeiros días dará comezo a campaña, polo que animamos a seguir atentamente as nosas redes sociais para non perder ningunha novidade e participar dentro do prazo establecido.

Bases legais da campaña e sorteo “Maio con Premio”

1. Entidade organizadora

A Asociación de Empresarios de A Pobra do Caramiñal (en diante, a Organización) organiza a campaña promocional “Maio con Premio”, co obxectivo de dinamizar o comercio local e fomentar a participación da comunidade nas redes sociais da Asociación.

2. Ámbito territorial

A campaña desenvolverase no municipio da A Pobra do Caramiñal e estará vinculada á participación a través da conta oficial de Instagram da Asociación.

3. Duración da campaña

A promoción estará vixente desde o 25 de maio ata o 27 de maio de 2026, ambos incluídos.

As persoas participantes poderán participar no sorteo ata as 18:59 h do día 27 de maio de 2026.

4. Requisitos de participación

Poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Seguir a conta oficial de Instagram da Asociación.
  • Dar “Gústame” á publicación oficial do sorteo.
  • Comentar a publicación do sorteo durante o período promocional.

Só se admitirán participacións realizadas dentro do prazo establecido.

5. Sistema de participacións

Cada comentario realizado na publicación do sorteo contará como unha participación válida.

A Organización resérvase o dereito de eliminar participacións fraudulentas, duplicadas mediante perfís falsos ou que incumpran as normas da plataforma.

6. Premio

A campaña contará cun único premio consistente en:

  • Un vale de compra por valor de 100 €.

O premio entregarase en formato vale ou bono comercial para consumir nos establecementos asociados participantes.

7. Sorteo

O sorteo realizarase o 27 de maio de 2026 de forma aleatoria entre todas as participacións válidas rexistradas durante o período da campaña.

A Organización poderá empregar ferramentas externas de selección aleatoria para garantir a transparencia do proceso.

8. Comunicación da persoa gañadora

A persoa gañadora será anunciada o 27 de maio de 2026 ás 19:00 h a través das historias de Instagram da Asociación.

Ademais, a Organización poderá contactar coa persoa premiada mediante mensaxe privada na plataforma.

No caso de non obter resposta nun prazo de 7 días naturais, a Organización resérvase o dereito de realizar un novo sorteo.

9. Entrega e uso do premio

O premio estará suxeito ás seguintes condicións:

  • Non poderá ser trocado por diñeiro en efectivo.
  • Non poderá ser transferido a terceiros sen autorización expresa da Organización.
  • Deberá utilizarse dentro do prazo establecido pola Asociación.
  • Só será válido nos establecementos adheridos á campaña.

10. Protección de datos

Os datos persoais das persoas participantes serán tratados conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Os datos utilizaranse exclusivamente para a xestión da campaña, realización do sorteo e comunicación coa persoa gañadora.

As persoas participantes poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade dirixíndose á Organización.

11. Exoneración de Instagram

Instagram non patrocina, avala nin administra esta promoción, nin está asociada a ela de ningún modo.

As persoas participantes exoneran completamente a Instagram de toda responsabilidade derivada desta campaña.

12. Aceptación das bases

A participación na campaña implica a aceptación íntegra das presentes bases legais.

13. Modificación das bases

A Organización resérvase o dereito de modificar, ampliar ou adaptar estas bases, así como cancelar ou suspender a campaña por causas xustificadas que afecten ao seu correcto desenvolvemento ou á transparencia do sorteo.

Calquera modificación será comunicada a través dos canais oficiais da Asociación.

14. Responsabilidade

A Organización non se fai responsable de:

  • Fallos técnicos de Instagram.
  • Problemas de conexión.
  • Erros nas participacións realizados polas persoas usuarias.
  • Incidencias alleas ao seu control que poidan afectar ao correcto desenvolvemento da campaña.

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *