A campaña “Merca, florece e gaña” xa ten ás súas persoas gañadoras tras a realización dos tres sorteos previstos, organizados co obxectivo de dinamizar e apoiar o comercio local.
Desde a Asociación de Empresarios queremos dar os nosos parabéns ás persoas premiadas e agradecer a participación de todos os establecementos e clientes que fixeron posible esta iniciativa.
🌸 Primeiro sorteo


A primeira gañadora foi Sonia Davila Sanisidro, co número 60007, repartido en Mi Barquito de Papel.
🎁 Premio: 200€ para gastar no comercio local.
🌸 Segundo sorteo


A segunda premiada foi María Dolores Rosende Piñeiro, co número 20046, tamén repartido en Mi Barquito de Papel.
🎁 Premio: 200€ para gastar no comercio local.
🌸 Terceiro sorteo


O terceiro e último premio recaeu en Ángel Pajuelo Rubio, co número 79393, repartido en Sportmoda.
Por motivos laborais, o premio foi recollido pola súa parella.
🎁 Premio: 200€ para gastar no comercio local.
💛 Queremos agradecer a todas as persoas participantes a súa implicación nesta campaña, que contribúe a seguir fortalecendo e dinamizando o comercio da nosa contorna.
🍀 Grazas por formar parte desta iniciativa e por facer medrar, entre todos, o comercio local.
Seguimos apostando polo comercio de proximidade!
0 comentarios