
A primavera chega e con ela unha nova oportunidade para premiar as túas compras no comercio local! A Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal lanza a campaña promocional “Merca, florece e gaña”, unha iniciativa que busca fomentar o consumo no comercio de proximidade e ofrecerche a posibilidade de gañar premios cada semana.
🎁 Premio
Sortearase un vale de compra de 200 € cada semana
O premio entregarase en vales canxeables nos comercios participantes e non será canxeable por diñeiro en efectivo
🛍️ Como participar
Participar é moi sinxelo! Só tes que seguir estes pasos:
1️⃣ Busca PobraActiva na túa App Store ou Play Store e actualiza a aplicación.
2️⃣ Abre a app e introduce o teu nome, teléfono e correo electrónico.
3️⃣ No inicio atoparás o sorteo “Merca, florece e gaña”.
4️⃣ Escanea o código QR do comercio onde fagas a compra.
5️⃣ Introduce o importe da túa compra… ¡e listo!
✨ Cada 10 € de compra = 1 participación no sorteo.
💐 Cada compra rexistrada na app suma oportunidades para gañar.
📅 Duración da campaña
A campaña estará activa do 1 ao 19 de abril de 2026, ambos incluídos.
🎟️ Selección das persoas gañadoras e entrega do premio
O sorteo realizarase cada domingo ás 22:00 horas entre todas as participacións rexistradas na app ata ese momento.
Os gañadores serán comunicados a través da app PobraActiva. Para recoller o premio, o gañador deberá presentar o móbil coa app na oficina da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, no horario de oficina:
- 8:30 a 14:00
- 17:00 a 19:00
O premio debe ser reclamado dentro dos 10 días seguintes ao anuncio; se non se recolle, realizarase un novo sorteo entre as participacións rexistradas.
⚖️ Condicións xerais
A participación implica a aceptación destas bases.
A Asociación resérvase o dereito de excluir a calquera participante que incumprise as normas.
O premio non poderá reclamarse fóra do prazo nin sen presentar o móbil coa app.
A organización pode modificar total ou parcialmente as bases ou suspender a campaña se existen causas xustificadas, comunicando os cambios polos medios oportunos.
🔒 Protección de datos
Os datos dos participantes utilizaranse exclusivamente para xestionar os sorteos e non serán cedidos a terceiros, cumprindo coa normativa vixente en materia de protección de datos.
0 comentarios