Os Xardíns Valle Inclán da Pobra do Caramiñal foron escenario dunha das actividades máis doces da campaña de Nadal organizada pola Asociación: un posto de algodón de azucre gratuíto que estivo en funcionamento todos os venres entre as 18:00 e as 19:00 horas.

A proposta buscaba crear ambiente no centro da vila durante as tardes da campaña e ofrecer un pequeno detalle para as familias que se achegaban a pasear e a facer as súas compras no comercio local.

Desde o primeiro día a resposta do público foi moi boa. Moitos nenos e nenas, acompañados das súas familias, pasaron polos xardíns para levar o seu algodón de azucre e desfrutar dun momento divertido vendo como se preparaba no propio posto.

A actividade contribuíu tamén a xerar movemento na zona, enchendo os xardíns de xente e creando un ambiente animado durante os venres da campaña.

Desde a Asociación facemos unha valoración moi positiva desta iniciativa e queremos agradecer a participación de todas as persoas que se achegaron ao posto ao longo das distintas xornadas.

Actividades sinxelas como esta axudan a dinamizar o centro da vila e a acompañar ao comercio local durante campañas comerciais importantes como a do Nadal.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *