A campaña de San Valentín organizada pola Asociación de Empresarios da Pobra pechouse cunha gran participación por parte da veciñanza e da clientela dos comercios locais. Tras varios días de actividade e dinamización, xa se coñecen as gañadoras dos dous sorteos realizados durante a campaña, que contribuíron a crear ambiente e ilusión arredor desta data especial.

No caso do sorteo da Cea de San Valentín, a persoa afortunada foi Carmela Rivadulla, co número 22061, repartido no establecemento Farmacia Tato.

Desde a Asociación trasladamos os nosos parabéns á gañadora e o noso agradecemento a todas as persoas que participaron nesta iniciativa e que escolleron o comercio local para celebrar estas datas.

Por motivos de protección de imaxe e privacidade, non se publica a fotografía da gañadora deste sorteo.

Por outra banda, tamén se realizou o sorteo vinculado ao Photocall de San Valentín, unha acción participativa que invitaba ás persoas asistentes a compartir as súas fotografías nas redes sociais.

A gañadora neste caso foi Patricia Millán Aizpurúa (@paturubi), que obtivo un vale de 100 € para gastar nos comercios adheridos á asociación.

Desde a entidade queremos agradecer a participación de todas as persoas que se achegaron ao photocall, compartiron as súas fotos e formaron parte desta iniciativa, que resultou ser todo un éxito e contribuíu a crear un ambiente moi especial durante a xornada de San Valentín na Pobra.

Con accións coma esta, a Asociación continúa traballando para dinamizar o comercio local e fomentar a participación da veciñanza nas campañas comerciais da vila.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *